O Instituto Mexicano de Cultura (IMC), fundado hai cincuenta anos, vén de unirse ás diferentes voces que dende hai tempo apoian a candidatura ao Nobel do poeta e ensaísta Roberto Alifano. Autor de mais de corenta libros, incluindo poesia, ensaios, narrativas e traducións, sempre se confesou devoto lector de Jorge Luis Borges do que foi «amanuense», un raro privilexio que a vida lle outorgou ao longo dos seus derradeiros dez anos, en expresión de seu.
Segundo afirma a institución mexicana, en Alifano converxen varias cualidades nas que sobrancea a fruición poética. Alén diso, Alifano acredita unha longa carreira por mais de cinco décadas no mundo da literatura e, especialmente, a sua longa obra poética, procurando os vieiros dos grandes poetas de America (Ruben Dario, Gabriela Mistral, Pablo Neruda, Cesar Vallejo, Octavio Paz, e outros), unha vez que oferece un traballo definitivamente orixinal (está a piques de sair do prelo un libro de conversas co tamén arxentino Papa Bergoglio). Esta é a obra poética que soergue a proposta do IMC:
«De sueños y caminantes» (1-967),
«Revoque grueso» (1972),
«Haikus y Tankas» (1974),
«El espejo infinito» (1977),
«Sueño que sueña» (1981),
«Los números» (1989),
«Donde olvidé mi sombra» (1,992),
«De los amígos» (1997), ¡
«Este río del invierno» (l-998),
«Basta de guerra» (2000)
«Alifano poesías» (2004)
«Elguardián de la luna» (2005)
«Cantos al amor maravilloso» (2008)
«Con el correr del tiempo», Obra Poética (2010)
«Existencia rio» (2014)
Conversador. Alifano ten afirmado que gosta máis de conversar do que impartir conferencias.Talvez, porque toda grande poesía sexa o sentido dunha insuficiencia, o dunha conversa incompleta e sempre por vir. Incansabel viaxeiro e amigo da Galiza, Roberto Alifano pasou por Girona hai un ano convidado polo Ateneu Galego Aquén Nós para conversar connosco e presentarnos o seu último traballo como xornalista a través das entrevistas que lles fixo a Neruda, Bioy Casares, Silvina e Victoria Ocampo, Vittorio Gassman, Federico Fellini, Luis Buñuel, Marcello Mastroianni, Perón, Mujica Láinez, Salvador Allende, Cortázar e Fangio e Aníbal Troilio, dos próceres populares da Arxentina aos que se uniu invitabelmente Borges e a súa relación coa Galiza da diáspora e coa galeguidade:Francisco Luis Bernárdez, Arturo Cadrado, Luis Seoane, entre outros galegos que frecuentaron a tertulia de El Ateneo, que coñeceu e tratou. Alifano revelouse como un amante das palabras que borboriñan da súa boca coa inminencia dunha revelación inconclusa. Revelación sempre adiada que o seu mestre Borges quintaesenciou e Alifano trasladou a unha obra poética de seu. A proposta do Instituto Mexicano de Cultura non fai máis que dimensionar o alcance das constelacións poéticas de Alifano.
