O Instituto Mexicano de Cultura propón a Roberto Alifano para o Nobel

Roberto Alifano e Gabriel Beceiro

Alifano e Beceiro nun intre da palestra- tertulia organizada por Aquén Nós en Girona

O  Instituto Mexicano de Cultura (IMC),  fundado hai cincuenta anos, vén de unirse ás diferentes voces que dende hai tempo apoian a candidatura ao Nobel do poeta e ensaísta Roberto Alifano. Autor de mais de corenta libros, incluindo poesia, ensaios, narrativas e traducións, sempre se confesou devoto lector de Jorge Luis Borges do que foi «amanuense»,  un raro privilexio que a vida lle outorgou ao longo dos seus derradeiros dez anos, en expresión de seu.

Segundo afirma a institución mexicana, en Alifano converxen varias cualidades nas que sobrancea a fruición poética. Alén diso, Alifano acredita unha longa carreira por mais de cinco décadas no mundo da literatura e, especialmente, a sua longa obra poética, procurando os vieiros dos grandes poetas de America  (Ruben Dario, Gabriela Mistral, Pablo Neruda, Cesar Vallejo, Octavio Paz, e outros), unha vez que oferece un traballo definitivamente orixinal (está a piques de sair do prelo un libro de conversas co tamén arxentino Papa Bergoglio). Esta é a obra poética que soergue a   proposta do IMC:

«De sueños y caminantes» (1-967),
«Revoque grueso» (1972),
«Haikus y Tankas» (1974),
«El espejo infinito» (1977),
«Sueño que sueña» (1981),
«Los números» (1989),
«Donde olvidé mi sombra» (1,992),
«De los amígos» (1997), ¡
«Este río del invierno» (l-998),
«Basta de guerra» (2000)
«Alifano poesías» (2004)
«Elguardián de la luna» (2005)
«Cantos al amor maravilloso» (2008)
«Con el correr del tiempo», Obra Poética (2010)
«Existencia rio» (2014)

Cartaz_RAConversador. Alifano ten afirmado que gosta máis de conversar do que impartir conferencias.Talvez, porque toda grande poesía sexa o sentido dunha insuficiencia,  o dunha conversa incompleta e sempre por vir. Incansabel viaxeiro e amigo da Galiza,  Roberto Alifano pasou por Girona hai un ano convidado polo Ateneu Galego Aquén Nós para conversar connosco e presentarnos o seu último traballo como xornalista a través das entrevistas que lles fixo a  Neruda, Bioy Casares, Silvina e Victoria Ocampo, Vittorio Gassman, Federico Fellini, Luis Buñuel, Marcello Mastroianni, Perón, Mujica Láinez, Salvador Allende, Cortázar e Fangio e Aníbal Troilio, dos próceres populares da Arxentina aos que se uniu invitabelmente Borges e a súa relación coa Galiza da diáspora e coa galeguidade:Francisco Luis Bernárdez, Arturo Cadrado, Luis Seoane, entre outros galegos que frecuentaron a tertulia de El Ateneo, que coñeceu e tratou. Alifano revelouse como un amante das palabras que borboriñan da súa boca coa inminencia dunha revelación inconclusa. Revelación sempre adiada que o seu mestre Borges quintaesenciou e Alifano trasladou a unha obra poética de seu. A proposta do  Instituto Mexicano de Cultura non fai máis que dimensionar o alcance das constelacións poéticas de Alifano.

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà. Els camps necessaris estan marcats amb *