Dia Internacional da Muller ten pase de documentàrios e debate no Aquén Nós

A través do pase do documentario “Costa das Mulleres”, un documentário que convida á reflexión colectiva sobre o pasado, presente e futuro da muller traballadora, repasando o percurso de 20 mulleres da Costa da Morte (Galiza), “mariñeiras, operarias, artesás, mariscadoras, empresarias, labregas, empregadas domésticas…”, o Ateneu Galego de Girona Aquén Nós dá un paso á frente na celebración do Dia Internacional da Muller Traballadora, á frente na loita dos  dereitos da muller, antecipando a sociedade que queremos e enfrentandose ao patriarcado.  Tamén veremos  trailers e treitos de:

“Tita, a palabra xusta”. Un documentário de Miguel Piñeiro sobre a pedagoga Antía Cal

“Señora de”, trailer do filme de  Patricia Ferreira, que xunguiu testemuños nun comprido abano de  mulleres de diferentes clases sociais e diferentes condicións

Matriarcas, videoclip extraido do disco da cantante e compositora Gaudi Galego “Lúas de outubro e agosto”

E conversaremos e reivindicaremos perfís e figuras femininas relevantes da história que ainda son descoñecidas para muitas de nós.

Cando?: 10 de marzo ás 19 h.

Onde? Centre Cívic Plau de Palau, C. Saragossa, 27 17002 – GIRONA
www.girona.cat/ccivics

 

Manuel Rivas, un galego contra a extinción e o esquecimento

Participando nas conversas literarias  do Festival Mot, organizado en parceria polos concellos de Girona e de Olot, o xornalista, escritor e académico galego Manuel Rivas (A Coruña, 1957)  conversará  co libreiro Guillem Terribas (Salt, 1951), autor de Demà serà un altre dia: aventures d’un llibreter (2007), contra a extinción e contra o esquecimento.

Porén, nun festival literario que acuña o seu nome na palabra (mot), é cousa de pasmo que a organización do festival literario debruce de xeito tan preguiceiro na obra do escritor da Coruña, porque no seu web e no programa de mán dá conta dos libros de Rivas na súa versión española e non na orixinal en galego malia estar traducido a moitos idiomas. Certo é que  advirten encerrando a reseña de apresentación que a  súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego. Mesmo sendo O’Rivas  un dos autores galegos que gorenta de máis proxección, mas tratándose de convocarnos a leitores e memoriados contra  as  puídas e indixentes formas de transmisión cultural que informan o campo literario español, tan invisibilizador ele das literaturas que xulga estranas e impròprias, prestábanos  ben que a orde fose do aveso, dando conta dos títulos na súa versión orixinal primeiro, deixando para o final que quen quiser lelo ten 27 idiomas onde escoller.

 

 

Cando? Quinta-feira, 30 de marzo de 2017, 18 h

Onde? Biblioteca Carles Rahola

As mellores curtametraxes dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual no Museu del Cinema de Girona

DIJOUS 16 DE JUNY – 19.30 H – MUSEU DEL CINEMA

La sessió mensual que ofereix el Museu del Cinema de Girona  permetrà conèixer els millors curtmetratges del Premios Mestre Mateo de la Academia Galega do Audiovisual

Disney de Jorge Saavedra (Galícia, 2015) 16 minuts
Eco de Xacio Baño (Galícia, 2015) 20 minuts
Ladrones de tiempo de Fran X Rodríguez (Galícia, 2015) 18 minuts
Restart d’Olga Osorio (Galícia, 2015) 15 minuts
Ascender de Becario de Adrián Pérez Ferro (Galícia, 2015) 3 minuts
Fruit Island de Francisco Pérez, Antonio Ayuso, Pedro Gil, Víctor Panadeiros i Aritz Amatria (Galícia, 2015) 3 minuts
O terceiro porco de David Saborido (Galícia, 2015) 8 minuts

L’entrada és lliure i l’aforament limitat. L’assignació de places es farà per estricte ordre d’arribada.