Manifestación a prol da lingua no 17M Dia das Letras Galegas

queremosgalego_banner

Ás doce do mediodía parte da Alameda da capital galega, a manifestación a prol da lingua convocada como cada ano pola plataforma ‘Queremos galego’ co lema ‘O idioma é a vida’. A mobilización  agarda reunir milleiros de persoas na defensa do idioma.

Reivindica o papel de Manuel María xa que o lema ‘O idioma é a vida’ é un dos versos do poema ‘A Fala‘ de Manuel María, un poeta que se comprometou  co idioma, decote presente nas accións e actividades de defensa e promoción da lingua do país.

Percorrerá as rúas do Ensanche e da Zona Vella para rematar na Praza da Quintana onde amáis das intervencións haberá actuación de Mini e Mero,  Fran Amil e A Tribo Incompresíbel.

Xurxo Souto será o encargado de presentar un acto que contará tamén con actuacións musicais e a lectura colectiva de varios poemas.

Decretazo e deslexitimidade

Segundo manifestou na presentación da marcha Marcos Maceira, portavoz de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüísitic,  estamos nun contexto de “deslexitimidade” do ‘decretazo contra o galego, algo que ficou claro co informe do Consello de Europa. Maceira instou novamente Feijóo a que «dea os pasos precisos» para dotármonos dun novo decreto para o ensino en galego, «comezando por eliminar os artigos do decreto que prohiben o uso do galego».

Queremos Galego salientou que “todos os avanzos para a lingua galego foron conquistas da sociedade», polo que fan un chamado «a todas as persoas que aman Galiza, que aman a nosa lingua, que queren avanzos para ela, posibilidades de uso e accións públicas que permitan instalarse no galego con total liberdade a quen non o fala, sen estigmatización, sen desprezos”.

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà. Els camps necessaris estan marcats amb *