Estado de situación da lingua galega en Galiza:
– Só o 3% dos centros de educación infantil das cidades imparten o ensino en galego.
– O Goberno español nega unha bolsa predoutoral a unha estudante por entregar o certificado de estudos en galego.
-“Si haces la prueba en gallego no te la corregimos”. Unha moza de Redondela viu vulnerado o seu dereito ao uso do galego nas probas de selección para as bolsas de Turismo do concello.
– Unha doutora do SERGAS exixiu a familiares dun moribundo que non falasen en galego na súa propia casa.
– Un paciente do SERGAS é obrigado a retrasar unhas probas de preoperatorio por solicitar a documentación en galego.
– Un xulgado de Vigo ameaza con non admitir unha demanda en galego se non se presenta cunha tradución xurada ao castelán.
– O Concello do Barco de Valdeorras non respecta a oficialidade do galego. “Esto es así. Siempre fue así. ¿No ves que esto te es pal juzgado?”
– “O galego é tratado como lingua de segunda” nas festas de María Pita A Coruña.
– Ordenan colocar adhesivos enriba dos únicos sinais que hai en galego na AP-9.
– Novagalicia Banco tamén está a ser desgaleguizada na lingua.
– Génesis Seguros négase a enviar unha poliza en galego.
– Carrefour discrimina o galego.
– Facebook continúa con Arteijo e Rianjo por causa da Xunta.
– Renfe recupera La Coruña e Orense.
Fonte: Mesa pola Normalización Lingüística
A cousa vai de mal en peor cómpre reaccionar, posicionarse e actuar. Non valen posicións neutrais. Na man das galegas e galegos está