Após dez anos de pescuda nas raiceiras do barroco e da música medieval, Organistrum Ensemble vén de consolidar o seu proxecto con Orchèsographie. Un disco que malia estar especialmente direcionado a facilitar o traballo coreográfico de mestres, estudantes e danzantes de música antiga, para alén da coidada articulación da estructura formal e dos tempi, o traballo convida ao ouvinte a mergullarse nas sonoridades polifónicas do danzarelo a partires dunha proposta de apropiación estilística que sen recrearse no arqueolóxico tamén se ofrece como gorentosa caixa sonora a abrir e a descobrir.
Orchèsographie
[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=-V9OMPMVv-A[/youtube]
Burckhard Dammann (violone, violas da gamba)
Guillem Fornés (frautas, xirimía, sac de gemecs, tarota, percusión)
Bernardí Martorell (Frautas)
Xurxo Romaní de Gabriel (sanfona, cítola, gaita)
Xosé Sancho (percusions)
Soledad Sánchez Bueno (Frautas)
[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=fzNDk3WiD1s[/youtube]