O proxecto “En construcción” realizado en Córgomo (Ourense, Galiza) polo artista plástico afincado en Barcelona Anxo Baranga foi recentemente atacado.
Tràstase dunha serie de murais que o propio Baranga realizou nunha propiedade súa da localidade de Córgomo, e que están vencellados ás letras e á cultura popular do noso país. O mural atacado representaba uns históricos gaiteiros da zona (a agrupación “Follas Novas”) e quedou parcialmente danado.
Desde Aquén Nós consideramos esta agresión un feito lamentable polo que representa, e queremos porén solidarizarnos e resaltar a xenerosa obra de Anxo Baranga. Un artista poliédrico e multidisciplinar que dia a día dinamiza a vida cultural de Barcelona (exposicións, teatro, proxectos colectivos, audiovisual…) sen esquecer a súa vila natal.
Nestes tempos de usura e de miserias culturais, o altruismo dunha obra aberta ao público, integradora e ensalzadora dos nosos valores sociais debe ter a consideración e o respecto público que merez.
Sumámonos á chea de respostas solidarias que se foron sucedendo nestes días, engadindo unha fonda aperta de recoñecemento para o artista.