Gorentosa noite de poesía e conversas cruzadas na que o galego alentou, en compaña do català, vizoso e augacento de excepción entre o happening en seco. Deitando muros. O traballo de Anxo Baranga e Dirk Helbig foi excelente para a sentirmos e pensarmos. Bo facer na instalación e na organización do acto . É de agradecer a accesibilidade que sempre dá o Ateneu Roig ás propostas da ACGB e a Aquén Nós.
Aquén Nós agradece a Mercè Falcóm, Claudia Calvo (amabas as dúas poetas de Taula Kabish e Pharos-as) a súa acollida. Todo ao acubillo da música de Caroline Lacombe. Parabéns.






