Aquén Nós dirixe protesto á Oficina do Parlamento Europeu no estado español

Aquén Nós, Ateneu Galego de Girona ha enviat aquest comunicat a l’Oficina del Parlament Europeu a l’estat espanyol amb motiu de l’exclusió de la llengua gallega del concurs «Euroscola»:

Expresamos o noso máis afouto protesto após comprobarmos que o concurso do Parlamento Europeu «Euroscola» permite participar en inglés, castelán e catalán e non en lingua galega (nin vasca). Este concurso, nomeado   Euroscola  e direccionado a escolares, está organizado  pola Oficina de Información do Parlamento Europeo co suposto alvo de  “fomentar a aprendizaxe de linguas europeas, fundamental para acadar unha Europa unida», segundo espremen nas súas bases. Non deixa de ser un paradoxo que para acadar tan digno obxectivo teñan que excluír outras linguas oficiais do estado español. Curioso xeito de fomentar o plurilingüísmo invisibilizando outras linguas oficiais e acrecentando de paso as disparidades existentes, desbotando asín a oportunidade de lle enviar á cidadanía toda -o tema central do concurso seica aproveita o Ano Europeu da Cidadanía- que no estado español tamén é lingua oficial o galego, matriz da lusofonía e lingua vehicular de milleiros de persoas no mundo.

Cos mellores cumprimentos,

Girona, 21 de marzo de 2013

Aquén Nós. Ateneu Galego de Girona

http://anagg.blog.cat

 

Relacionat: El concurs del Parlament Europeu ‘Euroscola’ exclou la llengua gallega

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà. Els camps necessaris estan marcats amb *