O vindeiro domingo é 8 de marzo, Día internacional da Muller e, segundo o comunicado que vén de achegar o BNG Catalunya,»é necesario aproveitar esta data tan simbólica para visibilizar a nosa exixencia de que se desenvolvan políticas dirixidas a superar a discriminación das mulleres e a combater o sistema capitalista heteropatriarcal» .
Unha xeira reivindicativa e de reflexión que a organización nacionalista convida a celebrarmos participando na táboa redonda, organizada pola Comisión de Acción Feminista do BNG no Espai Fontana contra das 17:30 ( Gran de Gracia 190 , a beira da estación de metro de Fontana , na liña verde e a tres paradas dende Pr. Catalunya).
Intervirán Beatriz Cantero, Equipo de Prevenció de Mujeres Pa’lante, Belén López, da Mesa de la Dona de CCOO Comisiones Obreras e parceira de Aquén Nós, Silvia Casola, Secretària nacional de la dona de les JERC . No decorrer do acto haberá sesións de microteatro a cargo da compañía PeixosPeixeres.